RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luque admite que volver a Son Moix será especial

O dianteiro deportivista Albert Luque, un dos destacados do Sardinero, admitiu hoxe en rolda de prensa que volver a Son Moix sempre é especial: "É un club e unha cidade na que teño moitos amigos. Pasei momentos moi bos e a eles débolles moito", indicou

Recoñeceu Luque que a situación agora é diferente ao momento no que o Mallorca visitou Riazor na ida desta eliminatoria. Agora, o equipo de Irureta é cuarto na clasificación, a tres puntos do líder Real Madrid, a dous da Real Sociedade e a un da Valencia. Ademais, os coruñeses son xa o mellor equipo a domicilio, con 7 triunfos esta tempada, e o mellor equipo da segunda volta, na que sumou 13 dos 15 puntos que ata o momento houbo en xogo. Con todo, Luque non saca peito: "Coñezo moi ben ao vestiario dese equipo e se que hai moita ilusión en conseguir un título". Luque comentou que había ido de espectador á última final de Copa que o Mallorca disputou ante o Barcelona e na que caeu na quenda de penaltis. "O que gañe esta eliminatoria ten moitas posibilidades de gañar o título", vaticinou o dianteiro catalán.