RCD / NOVAS

Malena, Teresa e Nuria, na preconvocatoria de España para o Mundial sub-20

29/05/2018 14:05

A gardameta Malena Mieres, a centrocampista Teresa Abelleira e a dianteira Nuria Rábano foron incluídas nunha primeira lista de 35 xogadoras da selección española sub-20 de cara á próxima edición da Copa do Mundo da categoría.

Malena e Nuria xa acudiron a unhas xornadas de adestramento na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid), entre o 23 e o 25 de abril. Para Teresa é a primeira citación con este combinado.

A selección española realizará unha fase de preparación de dúas semanas de duración, do 16 ao 30 de xullo. A expedición desprazarase a Francia o 1 de agosto. A fase final do torneo disputarase do 5 ao 24 de agosto.

A selección española sub-20 fórmana o groso de xogadoras que o pasado verán proclamáronse campioas de Europa sub-19, nun torneo que Nuria tivo que abandonar por lesión. Aquela vitoria deu a España o billete para a novena edición da Copa do Mundo sub-20, que se disputará na Bretaña francesa entre o 5 e 24 de agosto.

O calendario de España na primeira fase é o seguinte:

Luns 6 de agosto
16:30: PARAGUAI - ESPAÑA, no estadio Guy-Piriou de Concarneau

Xoves 9 de agosto
16:30: ESPAÑA - XAPÓN, no estadio Guy-Piriou de Concarneau

Luns 13 de agosto
13:30: ESPAÑA - ESTADOS UNIDOS, no estadio Clos Gastel de Dinan/Léhon

Os dous primeiros de cada grupo avanzan ás eliminatorias, que comezan en cuartos de final.