RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mario Soriano ve necesario para a primeira praza unha segunda volta "case perfecta, por non dicir perfecta"

Con 7 puntos de desvantaxe respecto ao líder, Mario Soriano é consciente que "a segunda volta ten que ser case perfecta, por non dicir perfecta. Hai que conseguir os máximos puntos posibles e perder moi poucos puntos porque temos rivais moi bos que van por riba nosa que van perder poucos puntos. Obviamente van perder partidos, pero nós tampouco imos gañar todos os partidos, así que temos que facer unha volta case perfecta para lograr ese primeiro posto. E se non se pode, chegar nas mellores condicións aos playoff".

Despois do partido en Alcorcón, o atacante deportivista apunta que "defensivamente temos que mellorar moito, temos que ser máis sólidos cando o rival nos xunta 3 xogadores nunha banda, centrarnos máis nese aspecto".

Subliña que en Santo Domingo "a expulsión definiu un pouco o partido. Cando mellor estabamos no partido, controlando a segunda parte co Alcorcón no seu campo, chéganos a expulsión. Soubemos darlle a volta ao partido, empatamos con ese golazo de Lucas e logo tivemos outra ocasión de Lucas que se metésemos sería outro partido e o contexto sería diferente. Ao final o Alcorcón é un equipo moi bo, vai líder e ten xogadores moi bos. O último gol é un penalti que nós estamos arriba e é normal".

Pide "centrarse xa no Rayo Majadahonda. Vimos o vídeo e analizamos os erros, e que non se volvan a repetir".

Preguntado por Lucas, opina que "sabemos todos de onde vén, as características que ten, a traxectoria que tivo que sempre estivo na elite. É moi fácil xogar cun xogador da talla de Lucas. Enténdesche fácil e rápido. Temos que aproveitalo toda a xente de arriba, os mediocentros que lle busquen porque sabemos o nivel que ten e todo o que nos vai a axudar".