RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Navarro subliña que esta tempada o Deportivo 'de 20 partidos, 17 competiunos moi ben'

Fernando Navarro dixo esta mañana en rolda de prensa da Valencia, rival do Dépor este domingo 24 de xaneiro en Riazor (18.15, Canle + Liga / Abono Fútbol), que "a pesar de que este añou non está atopando a regularid

Destaca no equipo valencianista a Álvaro Negredo, "internacional por España. Meteu moitos goles na liga nos diferentes equipos nos que estivo. Tamén está Paco Alcácer, que tamén é un dianteiro da Selección Española; Rodrigo, Santi Mina... Conta con moitos xogadores de ataque perigosos. En canto esperten, empezarán a engancharse arriba"·.

Recoñece o lateral deportivista estar "con ganas de dar ese paso que nos leve á vitoria, que nos reforzaría moito a nivel moral e a nivel clasificatorio. E niso estamos, traballando e pondo empeño para mellorar aspectos que temos que mellorar, e ser máis consistentes para estar preto da vitoria".

Por todo iso, augura Navarro o domingo en Riazor "un partido complicado, competido. Teremos que dar o cento por cento para sacar algo".

Opina neste arranque do Deportivo en 2016 que "o Vilarreal nos tirou tres veces. E xa contra o Real Madrid é normal que che tiren a porta no Bernabéu, cos xogadores que ten e o estadio que ten. E logo no campo da Real si que está en noso debe, que nos tiraron moitas situacións perigosas. Pero de tres partidos recentes, co Vilarreal creo que estivemos bastante consistentes, concedemos pouco ao rival e sacou moito; e no campo da Real si que non estivemos como quixésemos".

Subliña neste sentido que o equipo "segue traballando, esforzándose para mellorar este aspecto do equipo. E seguro que dará os seus froitos".

Prefire Navarro ir partido a partido, sen mirar o calendario: "Se algo demostrou o Deportivo é que sae a competir todos os partidos, excepto en Málaga, que foron superiores, a Real e Madrid. De 20 partidos, 17 competiunos moi ben tanto con equipos de abaixo como con equipos de arriba. En cada partido vemos unha oportunidade de sumar 3 puntos, e é o que buscamos, gañar partidos, aumentar a nosa marcadora".

A recente eliminación de Copa, confesa, "foi unha decepción importante porque tiñamos esperanzas en facer un torneo bonito, en posibles cruces bonitos na Copa. Non puido ser. O Mirandés foi mellor que nós, sobre todo no partido de volta. Foi xusto vencedor. Cambaleouche un pouco porque crías ou pensabas que estabas na seguinte rolda. Pero xa pasaron dúas semanas, o equipo ten un obxectivo claro, que é a permanencia. Niso estamos".