RCD / NOVAS

O Anxo Carro de Lugo acolle o martes 1 ás 17:00 horas a final da Copa entre o Deportivo ABANCA e o Matamá

26/04/2018 19:25

A final da Copa Galicia xa ten escenario, día e hora. Así, o Deportivo ABANCA xógase o título de campión desta primeira edición o martes 1 de maio fronte ao Atlántida de Matamá vigués. O partido xogarase no Anxo Carro de Lugo a partir das 17:00 horas.

A entrada será libre para os afeccionados.

O técnico deportivista dispuxo o seguinte plan de adestramentos para preparar este partido:

Martes 24 de abril
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 25 de abril
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 26 de abril
20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Venres 27 de abril
19:00: Adestramento en Abegondo

Domingo 29 de abril
11:00: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Martes 1 de maio
17:00: Deportivo ABANCA - Atlántida de Matamá, no Anxo Carro (Lugo)