RCD / NOVAS

O Bergantiños será o rival do Dépor ABANCA en oitavos de final de Copa Deputación

29/07/2018 20:59

O pasado mércores tivo lugar o sorteo da terceira edición da Copa Feminina Deputación da Coruña, na que participa o Deportivo ABANCA, campión das dúas edicións anteriores.

O primeiro rival do conxunto deportivista, o 5 de agosto en oitavos de final, será o Bergantiños, vencedor da eliminatoria previa que se xogou hoxe domingo 29 de xullo ante o Brexo Lema.

A eliminatoria será a partido único e xogarase no campo do Bergantiños: As Eiroas (Carballo).

As datas de competición para o Deportivo ABANCA neste torneo son as seguintes:

Oitavos de final: Domingo 5 de agosto
Cuartos de final: Domingo 12 de agosto
Semifinal: Domingo 19 de agosto
Final: 22, 25 ou 26 de agosto, segundo ditamine a Federación Galega de Fútbol.

Partidos confirmados da pretemporada do Deportivo ABANCA:

Sábado 4 de agosto, campo da Eragudina (Astorga), h.s.c.: Deportivo ABANCA - EDF Logroño
Domingo 5 de agosto (Copa Deputación), h.s.c.: Bergantiños - Deportivo ABANCA
Sábado 18 de agosto, Ponte dos Brozos (Arteixo), 16:00 h.: Deportivo ABANCA - Sporting Braga
Sábado 25 de agosto, campo de Santa Cruz (Xixón), 17:00 h.: Deportivo ABANCA - Athletic Club
Sábado 1 de setembro, Estadio dá Luz (Lisboa), h.s.c.: Benfica - Deportivo ABANCA