RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA pecha a liga ao grande, cun triunfo incontestable sobre o Oviedo Moderno Cf

21/04/2019 15:41

O Deportivo ABANCA, campión desde fai varias xornadas, pechou a liga no grupo 1º da Segunda División Nacional cun incontestable triunfo (4-1) en Abegondo ante o Oviedo Moderno CF, o anterior campión, destronado esta campaña.

Yamamoto, Gaby -2- e Silvia Mérida foron os autores dos goles branquiazuis nun partido que foi unha festa.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA erixiuse no gran dominador do grupo. Sumou 76 puntos, con 25 partidos gañados, 1 empatado e 0 perdidos. As deportivistas foron, con diferenza, as máximas goleadoras, con 150 dianas; e as menos goleadas, con 13 tantos encaixados.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Silvia Mérida, Miriam, Erika, Teresa Abelleira, Alba Merino, Yamamoto, Gaby, Patri López e Peke. Tamén xogaron: Lía, Carlota, Patri Díaz e Nuria.

A mala noticia do partido foi a lesión de Miriam, que se retirou do partido con molestias nun xeonllo, á espera de avaliación médica nos próximos días.

Finalizada a liga, toca pensar xa no play off de ascenso. O sorteo será este martes 23 de abril nos locais da Federación Española de Fútbol.

Para ascender á Liga Iberdrola, o Deportivo ABANCA deberá superar 2 eliminatorias.

A campaña transcorreu así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - CPM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Erika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 5 (Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
Deportivo ABANCA 12 (Teresa -2-, Yamamoto, Alba Merino -3-, Peke, Gaby -3- e Ali Muñoz -2-) - SCD Atlántida de Matamá 0
Oviedo Moderno CF 1 - Deportivo ABANCA 3 (Miriam, Gaby e Peke)
CPM Friol CD Lugo 2 - Deportivo ABANCA 3 (Gaby, Teresa e Peke)
Deportivo ABANCA 2 (Gaby e Peke) - Victoria CF 0
CD Monte 0 - Deportivo ABANCA 3 (Iris, Kika e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 14 (Michelle Romero -2-, Alba Merino -3-, Teresa, Yamamoto -2-, Ali Muñoz, Gaby -3-, Nuria e unha futbolista rival en propia meta) - Atlético Arousana 0
CDE Racing Féminas 0 - Deportivo ABANCA 3 (Michelle Romero e Alba Merino -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Alba Merino, Michelle Romero, Peke, Lía, Nuria, Ali Muñoz e unha futbolista rival en propia meta) - Sporting de Gijón 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 9 (Michelle Romero -2-, Peke -3-, Gaby, Iris, Ali Muñoz e Yamamoto)
Deportivo ABANCA 11 (Peke -5-, Laura, Iris, Yamamoto, Michelle Romero e Alba Merino -2) - CD Valladares 0
CD Oceja 1 - Deportivo ABANCA 5 (Alba Merino, Iris e Peke -3-)
Deportivo ABANCA 4 (Lía, Laura, Gaby e Ali Muñoz) - Victoria FC 1
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA 5 (Peke -2-, Gaby, Patri López e Teresa)
SCD Atlántida de Matamá 0 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
Deportivo ABANCA 4 (Yamamoto, Gaby -2- e Silvia Mérida) - Oviedo Moderno CF 1