RCD / NOVAS

O Dépor céntrase hoxe nos remates despois "dos dous mellores adestramentos o mércores e onte xoves"

24/03/2023 13:47

O Deportivo rebaixou esta mañá a carga de traballo despois de completar, segundo presumiu Óscar Cano esta mesma mañá en rolda de prensa, "os dous mellores adestramentos unha vez máis o pasado mércores e onte xoves, os dous principais da semana porque o contido é moito máis orientado á competición".

Os futbolistas saltaron ao campo 2 de Abegondo para realizar un quecemento, rondos e un exercicio de centros laterais e remates a portería; todo iso antes de regresar ao ximnasio e á sala de fisioterapia.

Participou todo o cadro salvo Lucas, que quedou en casa afectado dun proceso febril. "Estamos pendentes da súa evolución. A febre está a impedirlle realizar unha semana normal, como o resto. Imos ver a evolución nas próximas horas para determinar como está", apuntou o adestrador deportivista.

Confesa Óscar Cano que o dianteiro coruñés ten "moitísimas ganas de que chegue o domingo e de poder xogar. Estamos pendentes da súa evolución", insiste.

A pesar de que esta semana Lucas non completou aínda ningunha sesión co grupo, o técnico branquiazul móstrase optimista con el de cara ao partido en ABANCA-RIAZOR deste domingo 26 ás 19:00 (TVG-2 e InSports.tv) ante o RC Celta B, "e máis con xente que ten esa paixón por xogar, por estar sempre no campo", conclúe.

Mañá sábado 25 de marzo, o cadro está citado ás 9:45 en ABANCA-RIAZOR para arrancar a partir das 10:30 a segunda das dúas sesións previstas esta semana no Estadio, última antes do encontro desta fin de semana.

RCD / AXENDA

31 MAI

Mércores 10:30 Estadio ABANCA-RIAZOR

Adestramento

A porta pechada

01 XUN

Xoves 10:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

02 XUN

Venres 10:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

03 XUN

Sábado 10:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

04 XUN

Domingo 10:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

04 XUN

Domingo 19:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Deportivo - Castellón

Playoff de ascenso (Semifinal, ida)

11 XUN

Domingo 18:00 Estadio Municipal de Castalia

Castellón - Deportivo

Playoff de ascenso (Semifinal, volta)