RCD / NOVAS

O Dépor de LaLiga Genuine participou na liga de fútbol sala da Federación Galega de Deporte Adaptado

30/05/2018 18:47

O equipo do Deportivo de LaLiga Genuine participou hoxe mércores na liga de fútbol sala que organiza a Federación Galega de Deporte Adaptado.

O torneo tivo lugar no Pavillón Municipal de Redondela (Pontevedra). O equipo branquiazul colleitou dúas vitorias e unha derrota nos tres encontros que disputou.

Estes foron os resultados do Deportivo:

DEPORTIVO 4 (Álex Gómez -2-, Iván e Sergio) - ASDAN 5
ACEESA 1 - DEPORTIVO 7 (Álex Gómez -3-, Cristian, Sergio, Samuel e Álex Lugrís)
DEPORTIVO 3 (Sergio, Álex Gómez e Nikita) - JUAN XXIII 1