RCD / NOVAS

O Dépor de veteranos adxudícase o Trofeo Liceo de Monelos

10/06/2018 10:28

O equipo da Asociación de Veteranos do RC Deportivo adxudicouse o primeiro Trofeo do Liceo de Monelos ao vencer primeiro ao Atlético Los Castros por 5-1 e posteriormente ao Club anfitrión por 2-0.

O torneo celebrouse onte pola tarde no campo Víctor Fernandez, Leyma, de Elviña. 

O encontro contou coa presenza do novo director deportivo do Club, Carmelo del Pozo, que saudou a todos os veteranos branquiazuis.