RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor Genuine segue difundindo o seu proxecto inclusivo a través da Universidade da Coruña

O Dépor Genuine, no seu obxectivo de fomentar a inclusión na comunidade e aumentar a difusión do seu proxecto da Escola RC Deportivo para persoas con diversidade funcional, levou a cabo unha serie de iniciativas en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC).

Os alumnos e alumnas do programa de Espazo Compartido dedicado a persoas do colectivo DI, dedicaron a mañá do pasado venres 17 de marzo a unha sesión práctica co corpo técnico do equipo na Cidade Deportiva da Torre. Quince alumnos e diferentes profesionais puideron vivir en primeira persoa un día de adestramento do Dépor Genuine.

O pasado mércores 22 de marzo, dous dos capitáns do Dépor Genuine, Alejandro Pereira e Xosé Marquina, acudiron á Facultade de Ciencias do Deporte da UDC para presentar ambos os proxectos da Fundación RC Deportivo relacionados coa diversidade funcional, dentro do marco da materia de Deporte e Discapacidade.