RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pon o foco desde mañá no Unionistas de Salamanca CF

Os Nosos apuntan desde mañá mércores 29 de marzo á próxima cita no grupo 1º de Primera Federación, o sábado 1 de abril ás 19:00 no Estadio Reina Sofía (InSports.tv) ante o Unionistas de Salamanca CF.

A última xornada de liga deixou ao Dépor en 2ª posición da táboa con 54 puntos, a 3 puntos do AD Alcorcón, líder con 57. Por detrás veñen o Real Madrid Castilla (3º con 53) e o Racing de Ferrol, con 52 puntos e pendente de finalizar o seu partido en Córdoba, suspendido o pasado sábado no minuto 11 con 1-1 no marcador por un desmaio no céspede do futbolista local Gudelj.

Óscar Cano disporá de tres sesións de traballo en Abegondo antes do encontro ante o conxunto salmantino.

Todas elas serán matinais e con almorzo previo para o cadro na propia instalación cada día a partir das 9:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 29 de marzo
10:30 h.

Xoves 30 de marzo
10:30 h.

Venres 31 de marzo
10:30 h.

Sábado 1 de abril
19:00: Unionistas de Salamanca CF - Deportivo, no Estadio Reina Sofía