RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor volve sumar lonxe de Riazor (1-1)

O Deportivo abriu o 2017 ligueiro sumando un punto na súa visita ao Espanyol, despois de adiantarse no marcador na segunda metade por medio de Celso Borges e ver como o conxunto local lograba o tanto do empate só catro minutos despois.

O técnico deportivista, Gaizka Garitano, realizou dous cambios obrigados con respecto ao último partido de liga, no que os coruñeses derrotaron ao Osasuna en Riazor. O lesionado Carles Gil e o xa ex deportivista Ryan Babel deixaron o seu sitio a Bruno Gama e a Joselu.

O Espanyol saíu con moitas ganas, produto do cal se achegou con certo perigo en tres ocasiones nos primeiros dez minutos. A primeira, nun centro de Aarón que Fernando Navarro sacou da cabeza de Gerard Moreno cando o dianteiro local dispoñíase a rematar. As dous seguintes, en senllas accións de Pablo Piatti, nun disparo raso desde a interior da área e nun man a man con Sidnei que concluíu cun zurdazo moi desviado.

O Deportivo non disparou ata o minuto 37. Joselu provocou unha falta ao bordo da área que Emre Çolak estrelou na barreira. O rebote caeu a Celso Borges, que si superou á defensa espanyolista pero o seu disparo non atopou portería. Dous minutos despois, xogada similar a favor do equipo catalán, con idéntico resultado para o lanzamento de Hernán Pérez. Emre Çolak tamén buscou a portería no minuto 43, cun disparo con efecto endiañado que meteu o medo no corpo a Roberto.

Entre medias, preto de media hora de xogo trabado, de moito contacto e abundante fútbol en mediocampo. Os porteiros convertéronse en meros espectadores. O mellor resumo son as 20 faltas cometidas por ambos os equipos (11 do Dépor e 9 do Espanyol) nos primeiros 45 minutos.

A segunda parte foi unha película diferente. Aos tres minutos da continuación, o equipo barcelonés dispuxo da súa mellor ocasión ata entón, nunha recuperación de Gerard Moreno, que cedeu para José Manuel Jurado na área. Fernando Navarro estivo moi rápido para dificultar o seu remate, que atrapou Przemysław Tytoń con facilidade.

Respondeu con celeridade o Dépor, tamén coa súa mellor oportunidade. Os branquiazuis acariñaron o gol cun disparo de volea desde 30 metros de Celso Borges que repeleu o traveseiro.

No minuto 52, o porteiro polaco do Dépor evitou o tanto local nun man a man con Piatti que rexeitou coa súa perna dereita. E segundos despois, desviou a saque de esquina un duro disparo raso de Jurado.

A piques de cumprirse a hora de encontro, Celso Borges adiantou ao Deportivo. Emre Çolak botou un saque de esquina desde a esquerda do ataque deportivista e o mediocentro costarriqueño cabeceou cruzado ao fondo das mallas. Para o 'tico', a honra de marcar o primeiro gol herculino no novo recinto 'perico'.

Pouco durou a alegría, pois catro minutos máis tarde, Sidnei non puido despexar un centro desde a esquerda do ataque local, e o balón quedou morto ao bordo da área pequena para que Gerard Moreno, co defensa brasileiro no chan, batese a pracer a Tytoń.

O Deportivo fíxose dominador do encontro a partir de entón. O Espanyol acazapouse, tratando de buscar as súas opcións ao contragolpe. De todos os xeitos, durante moitos minutos non se produciron oportunidades claras en ningunha das dúas áreas.

No tempo engadido, o Espanyol estivo a piques de decantar a balanza cara ao seu lado. Nunha falta lateral botada por Jurado, o balón estrelouse no traveseiro.

Con este empate, o quinto no que vai de temporada, o Deportivo volve puntuar lonxe de Riazor tras os reveses da Rosaleda e o Santiago Bernabéu, e sitúase con 17 puntos noutros tantos partidos, cinco por riba da zona de descenso.

RCD Espanyol: Roberto; Víctor Sánchez (Óscar Duarte, min. 84), David López, Diego Reyes, Aarón, Javi Fuego, Jurado, Hernán Pérez (Melendo, min. 75), Salva Sevilla (Caicedo, min. 75), Piatti e Gerard Moreno.

RC Deportivo: Tytoń, Juanfran, Albentosa, Sidnei, Fernando Navarro, Bruno Gama (Luisinho, min. 85), Borges, Guilherme, Emre Çolak, Joselu e Andone (Borja Valle, min. 90+2).

Goles: 0-1 Borges (min. 59); 1-1 Gerard Moreno (min. 63).

Árbitro: De Burgos Bengoetxea (c. vasco). Expulsou a Juanfran, por dobre amoestación (min. 90). Cartón amarelo a Juanfran (min. 17), Guilherme (min. 24) e Salva Sevilla (min. 27).

Incidencias: partido correspondente á 17ª xornada de LaLiga Santander disputado no RCDE Stadium ante 16.347 espectadores.