RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA cítase mañá en Lugo co Atlántida de Matamá na final da Copa Galicia

30/04/2018 12:45

O Deportivo ABANCA xógase a primeira edición da Copa Galicia de Segunda División Nacional mañá martes 1 de maio fronte ao Atlántida de Matamá de Vigo.

O partido xogarase no Anxo Carro de Lugo a partir das 17:00 horas, con entrada libre para os afeccionados.

O técnico deportivista citou a todo o seu cadro de cara a este choque que podería supoñer o segundo título da temporada para as futbolistas branquiazuis.