RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA queda a un paso do título e da Fase de Ascenso

22/04/2018 14:12

O Deportivo ABANCA fixo os deberes na última xornada de liga no grupo 1º de Segunda División Nacional. As deportivistas gañaron en Friol (0-8) e sumaron 73 puntos, pero tamén o fixo o Oviedo Moderno ante o Sárdoma (3-0), co que o título e o acceso á Fase de Ascenso á liga Iberdrola foi para as ovetenses, que chegaron aos 75 puntos.

Ao Deportivo ABANCA quédalle agora a final da Copa Galicia, ante o Atlántida de Matamá.

Ante o CPM Friol, Estefi, Nuria, Lía, Peke -2-, Michelle Romero -2- e Miriam foron as goleadoras branquiazuis.

Deportivo ABANCA: Anita, Miriam, Laura, Raquel, Miga, Lía, Teresa, Jone, Nuria, Michelle e Estefi. Tamén xogaron: Gaby, Peke, Sara e Iris.

O conxunto dirixido por Manu Sánchez puxo o punto e final á competición de liga con 24 partidos gañados, 1 empatado e 1 perdido. Foron as máximas goleadoras, con 155 tantos a favor; e as segundas menos goleadas, con 11 dianas encaixadas. Só foron superadas polo Oviedo Moderno, que recibiu unicamente 7 goles.

Os resultados do Deportivo ABANCA en liga foron os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)
Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0
CD Monte 2 - Deportivo ABANCA 2 (Miriam e Peke)
Deportivo ABANCA 16 (Peke, Gaby -2-, Kika -4-, Laura -2-, Miriam -3-, Estefi -2- e Jone -2-) - UD Llanera 0
Oviedo Moderno 0 - Deportivo ABANCA 1 (Peke)
Deportivo ABANCA 4 (Teresa, Peke, Gaby e Jone) - Sporting de Gijón 0
Victoria CF 1 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby, Peke, Estefi e Nuria)
Deportivo ABANCA 7 (Iris, Gaby, Jone -2-, Estefi e dous futbolistas rivais en propia meta) - CPM Friol 1
Deportivo ABANCA 9 (Peke -4-, Nuria -3-, Sara e Silvia Mérida) - Gijón FF 0
Atlántida de Matamá 1 - Deportivo ABANCA 4 (Lía, Nuria -2- e Peke)
CD Femiastur 0 - Deportivo ABANCA 4 (Kika, Gaby, Jone e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Gaby, Kika, Nuria, Peke, Lía, Jone -2- e Oreiro) - Victoria FC 0
Sárdoma 0 - Deportivo ABANCA 2 (Gaby e Jone)
Deportivo ABANCA 9 (Kika -2-, Miriam, Gaby -4-, Peke e Patri) - Racing Féminas 0
CF Vimenor 0 - Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Mérida, Iris, Jone e Kika)
Deportivo ABANCA 5 (Kika -3-, Peke e Jone) - CD Monte 0
UD Llanera 1 - Deportivo ABANCA 7 (Gaby -2-, Silvia Mérida, Teresa Abelleira, Oreiro, Jone e Lía)
Deportivo ABANCA 0 - Real Oviedo Feminino 2
Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA 5 (Kika -3-, Iris e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Estefi -2-, Nuria, Teresa, Miriam e unha futbolista rival en propia meta) - Victoria CF 0
CPM Friol 0 - Deportivo ABANCA 8 (Estefi, Nuria, Lea, Peke -2-, Michelle Romero -2- Miriam)