RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O fácil é cambiar de adestrador pero tamén os xogadores temos nosa parte de culpa", opina Diego Villares

Diego Villares, que hoxe recolleu o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de setembro, asegurou aos medios de comunicación que "sempre é un orgullo recibir este tipo de premios individuais" aínda que, iso si, lembrou que "o importante é o colectivo".

Pensa que "nunca é fácil un cambio de adestrador porque quere dicir que nós como xogadores non fixemos do todo ben o noso traballo. O fácil é cambiar de adestrador pero tamén os xogadores temos nosa parte de culpa. Estamos a nos adaptar un pouco ao que nos pide Óscar e si que hai cambios respecto do que nos pedía Borja".

Suplente o pasado domingo ante o Linares Deportivo en ABANCA-RIAZOR, afirma que "xa facía facía uns partidos que non me tocaba vivir esa faceta. Non lembraba que sufrías tanto fóra porque non estás dentro do campo, non podes actuar e si que se sofre máis fóra".

Resta importancia a esta circunstancia e destaca que "o importante é ir collendo boas sensacións e o papel que me toca facer a min é secundario".

Recoñece que levar varias semanas sen gañar "sempre aféctache xa non tanto no teu día a día, senón nesa dinámica e cando chegan os partidos".

De feito, admite que o triunfo sobre o Linares "axúdache a afrontar a semana e sobre todo o partido desta fin de semana xa un pouquiño máis tranquilo".

Subliña que aínda que o primeiro posto é o obxectivo, "queda moitísimo e de momento tampouco nos poñemos ese obxectivo a curto prazo. É o que nos gustaría a todos, pero queda moito, e moita temporada por diante".

Villares confesa sobre o ex deportivista Noel, agora no Real Madrid Castilla, que "sempre é un pracer ver a un amigo. Xa dixen que me daba pena como foi a súa saída de aquí porque é un moi bo amigo. Compartimos moitos momentos o ano pasado e si que é bonito volver reencontrarse con el, aínda que está no aire porque está un pouquiño tocado de hai varias semanas".

Do partido ante o filial merengue deste domingo 23 de outubro ás 18:00 horas (InSports.tv), apunta que "é o clásico filial que igual lle sae un partido de 10 como un partido malo. Esperamos un rival que lle meta moito ritmo ao partido e máis na súa casa, con xogadores en ataque moi perigosos. Temos que estar bastante pendentes".

Finalmente non se mostra sorprendido polo rendemento de Max Svensson, titular por primeira vez o domingo pasado porque "todos o viamos adestrar e sabiamos do que era capaz. É un xogador con moita mobilidade e forte que nos pode dar moito, como se puido ver o outro día".