RCD / NOVAS

O gardarredes xuvenil Ricardo Bejamim, convocado para adestrar con Portugal Sub-18

01/12/2016 17:30

O gardarredes Ricardo Benjamim Costa e Silva, do Xuvenil B deportivista, foi convocado pola Selección de Portugal Sub-18 para un campus de adestramento en Lisboa, que terá lugar do luns 12 de decembro ao mércores 14. Procedente do SanJoanense, Ricardo cumpre a súa primeira temporada nas categorías inferiores do RC Deportivo.

O xuvenil deportivista Mujaid, coa Selección Española Sub-17

O canteirán deportivista Mujaid Sadick Aliu (Logroño, 14 de marzo del 2000) participou nuns adestramentos coa Selección Española Sub-17, que se celebraron na Cidade do Fútbol das Rozas (Madrid) do pasado luns 28 a onte mércores 30 de novembro.

O zagueiro branquiazul pertence por idade ao Xuvenil B, mais é titular no Xuvenil A que milita na División de Honra.

Cumpre Mujaid a súa primeira temporada na cidade deportiva de Abegondo, procedente do Valvanera CD riojano.

O fabrilista Jorge Carreón, convocado pola Selección de Bolivia Sub-20

O fabrilista Jorge Carreón foi convocado pola Selección de Bolivia Sub-20 para uns adestramentos que terán lugar nos vindeiros días na cidade de Sucre.

Esta concentración servirá á selección boliviana como preparación para o Campionato Sudamericano Sub-20, que se xogará en Ecuador do 18 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2017.

Jorge Carreón, centrocampista ofensivo do Fabril, cumpre a súa primeira temporada no filial deportivista. Chegou o verán pasado procedente do CF Damm de Catalunya.