RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O liderado é algo anecdótico agora mesmo", lembra Antoñito

Antoñito asegurou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o liderado "é anecdótico agora mesmo. O importante é que estamos aí en cabeza, a moi pouquiños puntos do líder. O importante é gañar os 3 puntos. É o noso obxectivo: cada semana conseguir 3 puntos e pronto estaremos no máis alto da clasificación".

Despois de semanas mesmo a 10 puntos da cabeza, o lateral deportivista confesa que "sempre tiven tranquilidade respecto dos puntos que nos levaban os outros rivais porque sabiamos que facendo as cousas como viña traballando desde o día 1 ían saír. Era tamén algo anecdótico estar a 10 puntos do líder por como ía a liga e polos puntos que estaban a sacar eles, pero fomos un equipo moi regular e estamos aí, a nada. Sempre dixen que había que ter tranquilidade e que sacando xornadas de 3 en 3 ou puntuando fóra, como así foi, iamos estar na cabeza".

De feito, asinaría máis que a media inglesa (gañar en ABANCA-RIAZOR e empatar fóra) "subir. Se esa media permíteme subir, asínoo agora mesmo. Senón de 3 en 3 mellor. Así nos quitamos de dúbidas".

Evita comparar os dous grupos de Primera Federación e sostén que a categoría "é moi esixente. Os equipos medios son profesionais case todos hoxe en día".

Apercibido de sanción desde fai varias xornadas, asegura que non lle preocupa para nada esta circunstancia: "Cando xogo os partidos non penso en que teño catro amarelas. Xogo o meu fútbol. Se teño que facer unha entrada fágoa, se teño que perder tempo pérdoo. Non penso máis aló. Cando sexa a quinta amarela, hai compañeiros para cubrirme demasiado ben. Así que estou tranquilo e cada partido que xogo para min é o máis importante. Douno todo e sen pensar que me podo perder máis partidos".

Preguntado sobre Trilli, o seu compañeiro de demarcación, Antoñito veo "ben. Vese que ten potencial, é novo, ten aínda moita marxe de mellora, como todos, creo, na vida. Hai que ter tranquilidade, xogar partidos que é o que fai a un futbolista crecer. Oxalá que xogue Trilli de aquí a final de temporada e subamos. O que quero é que todos os compañeiros estean ben, estean contentos, que todos xoguen. É o mellor para o club, para o equipo".