RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul pide "pechar os partidos para non sufrir tanto"

Alberto Quiles e Antoñito pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro andaluz, decisivo co seu gol, recoñece que "nos últimos minutos sufrimos un pouco aínda que non tiveron ocasións claras e sempre tes medo que che empaten".

Para evitar isto, pide "ir a por o segundo sen medo porque o que pasa é que che meten atrás e sófrese moito".

Explica que na xogada do gol "collín o balón, conducín cara a adiante porque había moito campo. Eu só vexo ao central, voume a por el e desde un principio tiña pensado porma á esquerda, tirar ao pau longo e ao final foi gol".

Quiles opina que "no primeiro tempo dominamos pero chégannos con algunha que outra ocasión clara. E iso temos que melloralo. No segundo tempo apertamos mellor e hai que pechar os partidos para non sufrir tanto".

Pola súa banda, Antoñito márchase do partido "contento porque son 3 puntos en ABANCA-RIAZOR, seguimos sumando".

Coincide con Quiles ao afirmar que "se non metes as ocasións que tivemos para pechar o partido métense arriba con moita xente aínda que tampouco tiveron ocasións claras para empatar".

O lateral branquiazul pide finalmente unha serie de resultados positivos para "coller a confianza que necesita o equipo e #ANOSAFORZA tamén para estar todos unidos e transmitir un pouquiño de tranquilidade".