RCD / NOVAS

O vestiario deportivista, con "mal sabor de boca"

12/05/2019 19:11

Quique González e Carlos Fernández atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro valisoletano, goleador esta tarde, subliñou que "é verdade que as sensacións son boas. Outro partido máis en ABANCA-RIAZOR que o seu porteiro volve facer un gran partido. O que nos vale é sumar de 3 en 3. Está moi ben que as sensacións sexan boas pero a condición de que gañemos".

Quique insiste en que agora toca "levantarse, traballar ben toda a semana e logo a Lugo a deixarse a vida para gañar".

Pola súa banda, Carlos Fernández, que gozou dun par de claras ocasións para marcar, quixo agradecer publicamente ao apoio da bancada, "e dicirlles que o demos todo. A xente no vestiario estaba morta porque o puxo todo no campo. Darlle as grazas porque unha vez máis estiveron á altura da gran afección que son. Ímolos a necesitar de aquí ao final de temporada".

O futbolista andaluz márchase con "mal sabor de boca polo resultado se pos na balanza o cómputo xeral de ocasións" das que gozou o Deportivo ante a meta defendida por Cifuentes.

Máis novas de: QUIQUE GONZÁLEZ, CARLOS FERNÁNDEZ