RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario deportivista sostén que agora "unha vez que caemos hai que levantarnos"

Antoñito e Quiles pasáronse pola zona mixta após o partido ante a Cultural Leonesa.

O defensor andaluz apunta que "o partido o tivemos controlado na primeira parte, sentímonos seguros con balón, tivemos ocasións. Non as metemos. Os balóns longos facíannos moito dano coa súa xente de arriba pero tivémolo controlado. O gol é un bo gol para eles. A partir de aí custounos un pouco dar ese paso adiante que tiñamos que dar".

Admite que "tiñamos confianza de sacar algo positivo en León e non nos deu para sacar os 3 puntos nin para o empate".

Antoñito asegura que este resultado "nos fode por #ANOSAFORZA. Veu moita xente da Coruña, de todos lados. Ao final sempre temos o seu apoio. É unha putada para eles vir e dar esa imaxe. A primeira parte foi boa pero vanse tamén descontentos e encabuxados con razón".

Agora chega "unha semana fodida pero hai que traballar. Unha vez que caemos hai que levantarnos. Non queda outra que demostrarlles a #ANOSAFORZA que estamos aí e imos loitalo até o final".

Pola súa banda, Alberto Quiles confesa que "viñamos coa mentalidade de gañar os 3 puntos e ímonos sen carga. Ímonos fodidos, mal, pero hai que levantarse porque agora temos outro partido importante e temos que conseguir os 3 puntos en ABANCA-RIAZOR".

O dianteiro deportivista cre que "na primeira parte estivemos ben, tivemos ocasións claras. Eu dei un pau. Tivemos achegamentos. Eles tamén algún pero sen moito perigo. No segundo saímos ben, Mario ten unha clara, eu teño outra que ma para o porteiro, unha parede con Lucas que case chego... Dun saque de banda vén o gol e non podemos dar esas facilidades. Xa desde o gol estivemos mal porque nos entran as présas e volvémonos uns pouco tolos".

Quiles explica que o Dépor encaixou mal o gol da Cultural Leonesa porque "tiñamos o partido dominado. Tivemos varias ocasións e que nos metan ese gol, á parte dun saque de banda moi mal defendido, é un mazazo forte. A partir de aí fixémolo fatal".