RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Óscar Cano: "Creo sinceramente que a final de ano ímoslle a dar a #ANOSAFORZA unha gran alegría. Estou ademais convencido"

Óscar Cano manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "sobre a media hora de xogo hai un choque entre dous xogadores nosos que deixa a Peter só diante de Mackay. Até ese momento, o equipo fixo os mellores minutos deste campionato. Non só o gol, hai unha ocasión moi franca de Lucas, outra de Mario Soriano".

O técnico deportivista admite que na segunda parte "eles foron superiores. Non atopabamos a maneira de saír, de ter posesións longas. Eles tanto cando a teñen como cando non a teñen son un equipo moi perigoso".

Aínda que, asegura, "non debemos de estar contentos porque sempre nós xogamos para gañar, pero hoxe na segunda parte non foi noso mellor fútbol porque nos faltaba todo: cando a recuperabamos perdiámola con excesiva celeridade, fallamos pases moi fáciles que facían que eles a recuperasen e neses primeiros momentos da transición poñerse xa no noso campo..."

Conclúe que "os últimos minutos foron un quero e non podo. Eles buscando esas situacións que podían decantar o partido ao seu favor. Nós non tivemos o mellor día durante a segunda parte".

Reitera Óscar Cano que "non está satisfeito porque non obtivemos a vitoria pero o AD Alcorcón non gañou, o Córdoba CF non gañou hoxe, o Castilla non gañou... A categoría non é fácil e estamos máis preto dos nosos rivais tendo en conta que non é para estar satisfeitos porque pretendiamos como sempre gañar".

Confesa que con esta igualada "estamos todos tan fodidos porque era un día no que todo o mundo mobilizouse, durante toda a semana fíxonos sentir que estaban aí e o único que lle podemos dicir nós é que non foi por non querer nós. A xente baleirouse. Hai aí 3 ou 4 xogadores con problemas. Iso é porque o deron todo e levaron ao límite ao seu corpo. Tentamos facer a mellor aliñación, os mellores cambios... Ás veces sae e ás veces non sae pero eu creo sinceramente que a final de ano ímoslle a dar a #ANOSAFORZA unha gran alegría. Estou ademais convencido".

Opina nesta liña que "hai 4 ou 5 equipos moi bos, aos que é moi difícil fincarlle o dente. Un somos nós, o Castilla, o Córdoba CF..."

Desvela o adestrador deportivista que Antoñito "é substituído porque me pediu o cambio. Ten unha doenza aí no aductor, non sei exactamente. Pediume o cambio de forma reiterada. Ata que o cambiei levaba 4 ou 5 minutos queixándose".

De Olabe subliñou que tamén solicitou o cambio porque "desde ese choque da primeira parte levaba sen visibilidade no ollo esquerdo. Varias veces gritou mesmo dicindo 'non vexo'. Tentouno ata que dixo que non podía porque lle impedía dar pases cómodos".

Pola súa banda, Raúl González, adestrador do Real Madrid Castilla, indicou que "nos primeiros 30 minutos o mellor equipo foi o Dépor. Superounos en enerxía, en ocasións... Custounos moito xogar neste escenario pero a partir do minuto 30 até o final o Castilla tivo o control do partido, as mellores ocasións. Pero o fútbol son goles e se non metes goles, o 1-1 creo que é xusto. Houbo un ambientazo, un partido doutra categoría. E eu feliz polos meus rapaces, de que gozasen desta experiencia, de como o fixeron, de como competiron".