Héctor e Borja Granero estarán, por mor de molestias, estes próximos días con adestramento individualizado no ximnasio da Cidade Deportiva de Abegondo baixo a supervisión do readaptador Álex Canosa.
O lateral valisoletano sofre unhas molestias nun xeonllo mentres que o central branquiazul, nun nocello.
En función da súa evolución, os futbolistas iranse incorporando progresivamente ao traballo de grupo.