RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Samara

A futbolista do Dépor ABANCA Samara Ortiz foi sometida a probas médicas para comprobar o alcance exacto das molestias que sufriu durante un adestramento da pasada semana.

Os Servizos Médicos do Club, coordinados polo doutor Alejandro Mejuto, confirmaron que a defensa deportivista sofre unha lesión muscular no bíceps femoral da súa coxa dereita.

Samara estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.