RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Penaltis, partidas de futbolín e autógrafos, con Albentosa e Coca-Cola en Carrefour

  Raúl Albentosa apadrinó este añou 'O Penalti do derbi', a actividade que Coca-Cola, patrocinador do Deportivo, realiza cada tempada con motivo de #ONosoDerbi.

Con puntualidade británica, ás 19.00 horas o defensor deportivista plantouse diante da portaría de Coca Cola no centro Carrefour de Alfonso Molina para lanzar o penalti do derbi. Esta mesma acción pódena realizar xa os afeccionados e clientes que o desexen. Entre os premios por marcar, que si logrou Albentosa, figuran entradas para o derbi galego deste domingo 23 de outubro en Balaídos (12.00 horas, Bein Sports), camiseta oficial, bufandas do Dépor e outros moitos agasallos.

A continuación, o defensor branquiazul xogou unhas partidas de futbolín con outro tres afeccionados, nun dos dous futbolines instalados neste evento.
 
A tarde finalizou con firma de autógrafos a nenos e maiores nun estand situado no propio centro comercial de Carrefour.