RCD / NOVAS

Tito Ramallo, novo adestrador do Fabril

15/06/2018 11:30

Tito Ramallo Peña (A Coruña, 29 de abril de 1969) é o novo adestrador do Fabril para a Temporada 2018-2019.

Tito regresa á que foi a súa casa entre 1999 e 2012, anos nos que adestrou ao Dépor Xuvenil e ao propio Fabril durante máis dunha década. Volve ao Dépor o adestrador que máis partidos dirixiu na historia ao filial: 436 (114 en Segunda B, 302 en Terceira, 2 en promocións a Segunda e 18 a Segunda B).

Exxogador (1987-1992) e capitán do primeiro Fabril que xogou na historia en Segunda B, expreparador físico do primeiro equipo e do propio Fabril, como adestrador deixou o Deportivo en 2012 para afrontar os proxectos profesionais do Banants Yerevan (Armenia) na Temporada 2015-2016 e no CCD Cerceda a pasada campaña en Segunda B.