RCD / NOVAS

Primeiro día na oficina para Vicente Gómez

20/08/2018 13:04

José Vicente Gómez Umpiérrez, Vicente Gómez (Las Palmas de Gran Canaria, 31 de agosto de 1988), após superar o recoñecemento médico preceptivo e a firma do seu contrato para as 3 próximas temporadas, adestrouse esta mañá por primeira vez co Deportivo.

O futbolista canario realizou con normalidade toda a sesión co grupo. Só faltou Fede Cartabia, que tivo tratamento médico e de fisioterapia no vestiario.

Christian Santos estivo primeiro co resto do equipo e completou o seu traballo ás ordes do readaptador, Fran Molano.

A mañá arrincou cun circuíto físico preventivo dirixido polo preparador físico Julio Hernando. A continuación, Natxo González dispuxo un exercicio táctico. O adestramento finalizou cun partido en espazo reducido, de alta intensidade.

O cadro volverase a adestrar mañá martes a partir das 10:30 en Abegondo.

Máis novas de: VICENTE GÓMEZ

RCD / PLAN SEMANAL

30 NOV

Martes 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

01 DEC

Mércores 20:00 La Condomina

Partido

Xornada1 UCAM Murcia CF - RC Deportivo

02 DEC

Xoves 19:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Adestramento

A porta pechada

03 DEC

Venres 19:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Adestramento

A porta pechada

04 DEC

Sábado 19:00 Estadio da Malata

Racing de Ferrol - Deportivo

15ª xornada de Liga

RCD / Noticias Relacionadas