RCD / NOVAS

Primeiro paso firme do Dépor ABANCA en Murcia após derrotar pola mínima ao Alhama CF

28/04/2019 20:31

O Dépor ABANCA impúxose (0-1) ao Alhama CF no partido de ida da primeira eliminatoria do play off de ascenso á liga Iberdrola. A volta será o vindeiro domingo 5 de maio en Abegondo (12:00 horas).

Decidiu este primeiro envite un gol de Yamamoto no minuto 56, que supón un primeiro paso firme na loita polo gran obxectivo esta temporada do Deportivo ABANCA.

O partido transcorreu segundo o previsto, co Alhama CF encerrado no seu campo esperando os contragolpes. Na primeira parte apenas houbo ocasións de gol nas dúas porterías.

Após o descanso, o Deportivo ABANCA gañou en profundidade e verticalidad; e as murcianas responderon con fútbol directo á área branquiazul. Nesa faceta a gardameta Miralles mostrouse moi segura.

Após o gol deportivista, as pupilas de Manu Sánchez gozaron de dúas ocasións máis para sentenciar a eliminatoria, nas botas de Peke e Nuria Rábano. Non foi así e toca selar o pase na Cidade Deportiva.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Patri Díaz, Iris, Silvia Mérida, Teresa Abelleira, Alba Merino, Lea, Yamamoto, Gaby e Peke. Tamén xogaron. Patri López e Nuria.