RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Sesión de recuperación para os titulares ante o Sabadell

O Deportivo recupérase físicamente da traballada vitoria de onte en Riazor ante o Sabadell, que chegaba como líder da liga Adiante. Houbo recuperación para os titulares e más intensidade para o resto. O parte médico der

Salomao, nun balón dividido, sufriu unha escordadura no ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito.

Aranzubía acabou o choque cunha contractura intercostal, ao realizar unha das súas intervencións.

Lassad presenta unha contractura cadrado-lumbar e bloqueo sacro-ilíaco dereito.

Continúan cos seus procesos de readaptación deportiva Riki, Xisco, Manuel Pablo, Saul e Bruno Gama. Pablo Álvarez tamén estivo no ximnasio, cunha férula de yeso no nariz.

O equipo descansa mañá luns e adéstrase o martes ás 10.30 no Mundo do Fútbol.