RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

David Mella sofre unha lesión muscular na súa perna dereita

David Mella foi avaliado en Abegondo para ditaminar o alcance exacto das molestias coas que acabou o adestramento desta mañá.

Os Servizos Médicos comprobaron que sofre unha lesión muscular no recto anterior da súa perna dereita.

O canteirán branquiazul estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de pasar á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.