RCD / NOVAS

Traballado triunfo do Benjamín A en Carballo ante un potente Luís Calvo

O Benjamín A impúxose (2-3) ao Luís Calvo nun disputado partido. Dani, Samuel e Óscar foron os autores dos goles branquiazuis. Con este bo resultado, o Benjamín A continúa á fronte da clasificación do seu grupo (A Coruña - As Mariñas) de Primeira Comarcal con 31 puntos, 1 punto más que o Ural, segundo clasificado. O San Tirso A será, en xaneiro, o próximo rival do Benjamín A en esta competición. A próxima semana, concretamente o domingo 27 de decembro, o Benjamín A competirá no Torneo de Nadal do Ural.

20/12/2015 18:04

Benjamín A: Mateo, Zoe, Samuel, Jorge, Luisinho, Pablo, David e Dani. Tamén xogaron: Iván, Adrián, Álvaro, Óscar, Bouzas e Hugo.

Así transcorre a tempada para os pupilos de Pablo Barros:
 
Sporting Cambre 0 - Benjamín A 10 (Samuel -3-, Pablo -2-, Dani, Hugo, David, Lucas e Luís)
Benjamín A 2 (Jorge -2-) - Calasanz A 0
Olímpico A 0 - Benjamín A 14 (Pablo -3-, Adrián -3-, Óscar -3-, Lucas -2-, Hugo -2- e Iván)
Benjamín A 15 (Pablo -4-, Jorge -2-, Óscar -4-, Álvaro -2-, Hugo, David e Dani) - Raio Sadense 0
Vitoria 1 - Benjamín A 3 (Pablo e Luís -2-)
Benjamín A 5 (Adrián -2-, Óscar -2- e Lucas) - Ural 2
Imperátor A 1 - Benjamín A 1 (Samuel)
Benjamín A 18 (David -6-, Óscar -5-, Jorge -2-, Iván, Hugo, Lucas, Dani e Zoe) - Orillamar 0
Betanzos 0 - Benjamín A 7 (Óscar -3-, Samu -2-, Lucas e Jorge)
Benjamín A 14 (Pablo -4-, Óscar -3-, David -3-, Samu -2-, Hugo e Dani) - Atlético Arteixo 0
Luís Calvo 2 - Benjamín A 3 (Dani, Samuel e Óscar)