O Benxamín A pecha unha temporada perfecta co Mini Teresa Herrera
O Benxamín A pechou unha temporada perfecta coa conquista da XXIV edición do Mini Teresa Herrera, esta tarde en ABANCA-RIAZOR ante o Atlético Coruña Montañeros CF (4-0).
Pablo Ronquete, Christian e Joaquín foron os goleadores branquiazuis nunha bonita final que todo equipo sempre quere xogar.
Este novo título únese aos xa conseguidos polo Benxamín A: Primeira Comarcal A Coruña e Fase Intermedia do Campionato Galego.
Benxamín A: Gabriel, Gael, Iago Vázquez, Ioan, Joaquín, Paulo, Nico e Pablo Ronquete. Arón, Trigo, Mauro, Xoel, Uxío, Íker e Christian.
O conxunto deportivista arrinca a temporada 2019-2020 o próximo 3 de setembro.