RCD / NOVAS

Traballos de mantemento obrigan a pechar por tres semanas o campo principal de Abegondo

13/12/2016 11:36

O Club acomete estes días uns traballos de mantemento para o campo principal da cidade deportiva, aproveitando o parón do Nadal e unha serie de partidos que o Fabril xogará lonxe de Abegondo, en virtude do calendario da Terceira División.

Así, os especialistas realizarán un picado, arenado e resembrado. Todas estas operacións obrigarán a pechar o campo por espazo de tres semanas.

O obxectivo é garantir o bo estado do terreo de xogo para ao segundo tramo da competición, que coincide ademais coa chegada do inverno.