RCD / NOVAS

Un Deportivo ABANCA B que tivo as mellores ocasións caeu ante un efectivo Viajes InterRías FF

09/01/2022 18:47

O Deportivo ABANCA B non puido frear en Abegondo (0-2) ás Viaxes InterRías FF, en partido correspondente á 14ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

As pontevedresas, líderes do grupo, foron máis efectivas na área rival que as deportivistas, que no entanto dispuxeron das ocasións máis claras para polo menos sumar un punto.

Con este marcador, as branquiazuis quedan na zona media-alta da táboa con 23 puntos.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Aroa González, María Calvo, Carmen Carballada, Elena López 'Cusi', Marta Rico, Noela, Paula Monteagudo, Tati, Trillo e Laura Otero. Tamén xogaron: Uxía Cabada, Laura Testa e Celia.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita ao Sporting de Gijón B.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías FF 2