RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''só podemos felicitar ao rival e pensar no que nos queda, na liga''

  Víctor Sánchez do Amo, en rolda de prensa, non puxo ningún pero á derrota e eliminación nos oitavos de final da Copa do Rei. "O Mirandés é un equipo que compite moi ben, tanto no seu campo como fose. Ha

O técnico si recoñeceu que lle deu rabia "que no partido de ida, nun campo máis complicado como é Anduva, con moitos menos espazos, o equipo interpretou fenomenal o partido. Fomos moi superiores e podiamos sacar un resultado  moito mellor. E hoxe, onde se expuña exactamente o mesmo, non se fixo. E cando non se fan as cousas, é difícil que se compita ao cento por cento".

Non cre que estes últimos resultados poidan afectar o grupo: "Xa falamos no vestiario. Esta competición terminouse. Buscaremos a aprendizaxe que nos vai a ofrecer este partido. Entendemos que este tipo de situacións no mundo do deporte e ademais en competicións de Copa non é a primeira vez que pasan. Temos que traballar para recuperarnos. Sacar a aprendizaxe e a seguir centrados na liga".
 
 
Pola súa banda Carlos Terrazas, técnico do CD Mirandés, recoñeceu o gran encontro dos seus "un partido redondo no que se puxo de manifesto o talento que temos" co mérito de facelo ante un rival de Primeira como o Dépor, que ten 27 puntos en Liga.