RCD / NOVAS

Víctor ve a un Athletic ''en bo momento'' e ''cun potencial tremendo''

Víctor Sánchez do Amo manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que o Athletic Club, rival do Dépor mañana o meuércoles 2 de marzo en San Mamés (20.00 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) "está en bo momento. Está en competición europea e ten un potencial tremendo".

01/03/2016 21:19

Cre o adestrador deportivista que "estamos a pasar por ese refacho na que levamos dous partidos seguidos que perdemos. Vimos de acumular varios partidos anteriores onde non gañabamos pero tampouco perdiamos. O noso traballo non é quedarnos coas sensacións do momento que pode xerar a emoción dun partido. Por iso traballamos analizando os encontros e vémolos varias veces, para buscar as cousas que temos que mellorar".

Nesta liña, asegura Víctor que froito desas análises "as sensacións son que o traballo segue sendo positivo, porque o equipo segue propondo cousas moi interesantes. Segue xerando moitas ocasións de gol, segue defendendo con bastante contundencia pero penalizando a falta de efectividade na área rival, que isto ao final ao longo das tempadas é algo que oscila".

Ademais, confesa que haberá cambios no once inicial de San Mamés: "acumulamos moitos partidos seguidos e consideramos interesante que entren xogadores máis de refresco".

O técnico branquiazul evitou desvelar quen ocupará a portaría en Bilbao, se Manu ou Pletikosa.

Precisamente o porteiro internacional croata subliñou en rolda de prensa estar "moi contento de poder demostrar mañá a miña capacidade. Estou preparado".

Pletikosa eloxiou ao Athletic pero recalcou que "tivemos unha charla esta mañá, adestramos ben e somos positivos, temos confianza de sacar un bo resultado".

Máis novas de: VÍCTOR SDA, PLETIKOSA

RCD / Noticias Relacionadas

14/05/2016 20:19 |

Ata sempre, ''Pleti''

  Stipe Pletikosa cerró esta tarde no Estadio de Riazor unha lonxeva e exitosa carreira no fútbol profesional, cuxo colofón foi a emotiva despedida que lle tributó a afición deportivista, vinte añvos después do seu debut no primeiro equipo da súa cidade, o Hajduk Split.