RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Villares di que "é un orgullo marcar en ABANCA-RIAZOR" e Svensson vaise "contento por poder conseguir a vitoria nun partido moi difícil"

Os goleadores na tarde de hoxe, Diego Villares e Max Svensson, pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O mediocentro galego explica que o equipo "traballou a presión durante a semana e sobre todo non deixarlles correr polas bandas. Se os iamos a apertar arriba ían ter máis dificultades".

Autor do primeiro gol do partido, confesa que "é un orgullo marcar aquí en ABANCA-RIAZOR diante de tanta xente. É un soño que tes desde pequeno e poder cumprilo é un orgullo".

Dedica ese tanto "á miña familia e amigos que están sempre aí" e recoñece que está "a ter algo máis de sorte este ano pero o que digo sempre: os goles para os que xogan arriba".

Por todo iso recoñece que esta tarde "é unha das máis felices" e cre que Óscar Cano "tiña toda a razón do mundo en Badaxoz porque non nos podemos permitir partidos así, de non competir".

Pola súa banda, Max Svensson subliña que estivo "desaparecido ao principio, non me atopaba nos controis, os pases... pero o gol sempre axuda e logo máis concentrado".

Opina que os goles "sempre dan confianza e máis cando marcas neste estadio" e apunta que despois do do Nuevo Viveiro "queriamos volver gañar".

Finalmente indica o dianteiro deportivista que "estamos moi contentos por poder conseguir a vitoria nun partido moi difícil".