RCD / NOVAS

Wilk retírase do adestramento con molestias no quinto metatarso do seu pé dereito

Cezary Wilk viuse obrigado a retirarse do adestramento desta mañana no campo número 2 da cidade deportiva de Abegondo, con molestias no quinto metatarso do seu pé dereito, pendente de probas médicas complementarias ao longo do día de hoxe.

18/03/2015 13:22

A sesión sobre o céspede, a máis forte da semana, consistiu nun circuíto analítico de forza explosiva tras o quecemento, seguido dun roldo técnico-táctico, para finalizar con fútbol de tres equipos de 8.
,
O fabrilista Álvaro Queijeiro foi a gran novidade, con Hélder Postiga á marxe do grupo.

Un traballo de ximnasio individualizado, xa no vestiario, puxo fin ao adestramento de hoxe.

Mañá xoves 19 de marzo, o persoal adestrarase en Riazor, a porta pechada, a partir das 11.30. Antes, ás 11.00, Oriol Rise comparecerá en rolda de prensa.

Máis novas de: WILK

RCD / Noticias Relacionadas