RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL
ACTUALIDADE

14 institucións estiveron representadas na bancada solidaria do Dépor-Betis

Catorce institucións sociais gozaron da bancada solidaria do Estadio ABANCA-RIAZOR no Deportivo-Betis da 23ª xornada de LaLiga.

Contra o conxunto sevillano as entidades beneficiarias foron: Centro Pai Menni. Irmás Hospitalarias, Centro de Menores San José de Calasanz, ACLAD, Cáritas Ourense, Colectivo Moucho, ACEEM, Fundación Adcor, Remar Galicia, Padre Rubinos, Fundación Erguete, Aspace, Cáritas Santiago de Compostela, Terra Solidaria e Aspronaga.

A Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR dispón de 250 localidades que cada partido son destinadas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade. Como neste caso, atendendo á política de transparencia e RSC do Deportivo, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria. Hai que lembrar que, para solicitala, o protocolo está dispoñible no departamento de RSC do Club en: responsabilidadsocial@rcdeportivo.es ou no 981 259 500 (Extensión 1: Oficina de Atención ao Deportivista).