RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Entradas á venda en Riazor para o Real Madrid-Dépor

Desde mañá, venres 2 de decembro, e até o día 9 ás 12:00 horas, os afeccionados que desexen acompañar e animar ao equipo no partido do sábado 10 ás 20:45 no Santiago Bernabéu contra o Real Madrid, poderán comprar as súas entradas en Riazor. As localidades, a un prezo unitario de 40 € venderanse na Oficina de Atención ao Deportivista no seu horario habitual.

O venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, igual que o mércores 7 e o venres 9 (martes 6 e xoves 8 permanecerá pechada). O sábado día 3 de 10:30 a 13:30 horas tamén se poderán comprar na Oficina de Atención ao Deportivista, mentres que o luns 5, día do partido contra a Real Sociedade, a venda trasládase aos despachos de billetes do Pazo dos Deportes de Riazor de 11:00 a 20:45 horas.

Cada socio do Real Club Deportivo poderá comprar 2 entradas co seu carné, sendo imprescindible mostrar o DNI dos destinatarios finais das entradas. Por normativa do Club local, non servirán entradas tachadas, unha vez se identifíque a persoa, a entrada será nominativa, persoal e intransferible polo que non se admiten cambios.

As peñas que desexen acudir ao partido deben dirixirse á Federación de Penas para a xestión de entradas.