RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A Asociación de Amigos da Arbitraxe de Zaragoza homenaxea a Barros Botana

O Delegado do primeiro equipo, Juan Ángel Barros Botana, recibirá en Zaragoza unha nova distinción ao seu labor no Deportivo e no fútbol español. Así, tras ser elixido mellor Delegado de Primeira División n

O acto será o vindeiro sábado na sede da citada Asociación, na rúa Figueras nº 24 de Zaragoza, a partir das 21.15 horas. Barros Botana é unha das persoas máis apreciadas no fútbol español e no deportivismo. De feito, conta cunha pena deportivista que leva o seu nome.

O popular Barritos é un tipo que vive por e para o fútbol. Foi árbitro de Segunda División B e ademais xuíz de liña en Primeira División con Raúl García de Louza. Socio do Deportivo desde hai 32 anos, é o Delegado do primeiro equipo desde a tempada 90-91; na que debutou nun Deportivo 3 - Raio Vallecano 0.

Pero ademais é membro do Colexio Galego de Árbitros, colectivo no que no seu día desempeñou o labor de Vicepresidente do Comité Técnico. Actualmente é socio de varios clubs afeccionados da Coruña (Oza Xuvenil, Deportivo Cidade, Imperator, Marabillas...)