RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

A Asociación de Futbolistas Solidarios, da que é integrante Rafa de Vicente, promove un calendario solidario

A Asociación de Futbolistas Solidarios, fundada polo xogador do Dépor Rafa de Vicente xunto a outros exbranquiazuis como Antonio Núñez e Jesús Vázquez, continúa coa súa actividade solidaria. A última acción é dar difusión ao calendario solidario creado polo Colexio Atlántida de Vigo para recadar fondos para a construción dunha escola en Sao Vicente, Guinea-Bissau.

O prezo do calendario é de 5€, importe integramente destinado a darlle un espazo mellor aos centos de nenos e nenas da zona, para que poidan aprender, formarse e loitar por un futuro mellor.

Podes encargar o teu calendario en www.kinankoy.com.