En agosto de 2001 inaugurouse a Deportienda, a tenda oficial do Real Club Deportivo da Coruña, nunha localización privilexiada, na esquina do Estadio de Riazor na rúa Manuel Murguía. Na beirarrúa de en fronte está situada a Deporclínica, outra das empresa
A Deportienda é un local de máis de 300 metros cadrados, amplo e luminoso, con grandes escaparates, que achegan o club e todo o seu merchandising ao público en xeral. A súa magnífica situación fan dela un local moi concorrido, especialmente os días de partido, ao converterse en paso obrigado para milleiros de deportivistas que acoden a presenciar o encontro.