A Deportienda instala unha caseta no Centro Comercial Catro Camiños
A Deportienda instalou desde hoxe unha caseta na planta baixa do Centro
Comercial Catro Camiños (á beira do supermercado Gadis). Alí pódense
adquirir os produtos oficiais do Centenario do Club.
O horario será, de luns a sábado, de 10 a 21 horas.
Ademais, permanecerá aberta no seu horario habitual a tenda oficial,
situada no Estadio de Riazor Avenida Manuel Murguía, enfronte xusto da
rotonda do Colexio das Escravas.