RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A Federación de Penas anuncia que solicitará ao Club unhas 300 entradas para o Dépor-Xetafe

Unha festa branquiazul serán os prolegómenos do Dépor-Xetafe. Ás 11.00 horas do domingo en primeira convocatoria e ás 11.30 en segunda terá lugar na Praia Club a Asemblea Anual de Penas Deportivistas. Entre os puntos da orde do día están o estado de conta

A continuación, comida de confraternidade na propio Praia Club, coa visita do Presidente do Consello de Administración e dos Conselleiros da entidade. Os peñistas que queiran asistir á comida terán que abonar 30 euros na conta de Caixa Galicia: 20910058673000077832 e porse en contacto cos directivos da Federación de Penas, no teléfono: 981226144.

A xornada finalizará co partido ante o Xetafe en Riazor. Para iso, o Club decidiu designar ao partido como Día das Penas. Así, as agrupacións branquiazuis poden solicitar ata un máximo de 25 entradas a estes prezos por entrada:

Tribuna Superior, Tribuna Inferior, Tribuna Dianteira e Preferencia Superior: 6 euros Preferencia Inferior, Maratón Superior, Maratón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior: 3 euros

O prazo finaliza o vindeiro mércores 14 de marzo. Os interesados poden dirixirse ao fax da Federación de Penas: 981148931 ou ben ao teléfono: 981226144. Para as entradas é necesario ingresar previamente o importe das mesmas na conta bancaria da Federación de Penas, en Caixa Galicia: 20910058673000077832.

Nas próximas horas, a Federación de Penas solicitará xa ao Club formalmente unhas 300 entradas para o partido aos prezos sinalados.