RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A 'final' do Fabril en Toledo, partido máis destacado en #ANOSACANTEIRA

O partido máis destacado en #ANOSACANTEIRA esta fin de semana será o do Fabril, que visita ao Toledo no Salto del Caballo este domingo 13 de maio ás 18:00 horas.

O filial deportivista, segundo agora na táboa con 68 puntos, dispútase o título de liga co Rayo Majadahonda, líder con 69 puntos, que xoga na Malata ante un necesitado Racing de Ferrol.

Se o equipo madrileño perde, ao Fabril bástalle un empate no Salto del Caballo toledano para lograr o campionato. Neste caso ambos igualarían a 69 puntos, pero o golaverage particular favorece aos deportivistas.

Se o Rayo Majadahonda empata, o conxunto de Gustavo Munúa ten que gañar ao Toledo.

Finalmente, se o cadro rayista gana en Ferrol, será campión independentemente do que faga o Fabril.

Pero se o conxunto de Gustavo Munúa cae no seu partido e o Fuenlabrada, terceiro agora con 65 puntos, gana á Ponferradina, serán segundos os madrileños en prexuízo dos fabrilistas.

No resto da xornada, sobresae a visita do Athletic Club ao Xuvenil A en oitavos de final da Copa do Rei. Será o domingo ás 12:00 en Abegondo.

Para este partido, do mesmo xeito que para o do Cadete B (sábado ás 11:00 ante o CD Conxo), os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

De entrada gratuíta é o do Deportivo ABANCA B en Arteixo ante o UD Ourense (domingo ás 18:00 horas).

Xogan fóra de Abegondo o domingo o Xuvenil B (en Santiago ante o CD Conxo) e o Cadete A (en Bertamiráns).

No resto de categorías, non ten partido o Alevín A No Trofeo LuIs Calvo, no que se disputa a última xornada con descanso para o equipo deportivista, xa campión.

Acabaron a competición o Infantil A, Infantil B e Benxamín A, que precisamente afronta un maratón de partidos en dous torneos amigables en Alemaña. Iso si, cada choque ten unha duración de 12 minutos.

Finalmente, o Benxamín B está a unha vitoria do título de campión da Segunda Comarcal A Coruña.

Con 4 partidos por diante, é dicir, 12 puntos en xogo, o Benxamín B avantaxa en 11 puntos aos seus dous directos perseguidores, Calasanz C e Victoria C.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
38ª xornada, última: CD TOLEDO - FABRIL, o domingo 13 de maio ás 18:00 no campo Salto del Caballo
Clasificación: 1. Rayo Majadahonda, 69 puntos; 2. Fabril, 68 puntos; 3. Fuenlabrada, 65 puntos; 4. Rápido de Bouzas, Celta B e Navalcarnero, 60 puntos...

Categoría feminina
30ª xornada, última: DEPORTIVO ABANCA B - UD OURENSE, o domingo 13 de maio ás 18:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 83 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 75 puntos; 3. Atlético Arousana, 65 puntos...

Categoría xuvenil
Copa do Rei, oitavos de final, ida: XUVENIL A - ATHLETIC CLUB, o domingo 13 de maio ás 12:00 en Abegondo

32ª xornada: CD CONXO - XUVENIL B, o domingo 13 de maio ás 12:00 no campo da Merced (Conxo, Santiago)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Racing de Ferrol, 65 puntos; 4. Cadete B, 64 puntos; 5. Victoria, 57 puntos...

Categoría cadete
32ª xornada: BERTAMIRÁNS - CADETE A, o domingo 13 de maio ás 12:30 no Municipal de Bertamiráns
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 88 puntos; 2. Cadete A, 77 puntos; 3. Pabellón de Ourense, 57 puntos...

32ª xornada: CADETE B - CD CONXO, o sábado 12 de maio ás 11:00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude de Oroso, 67 puntos; 4. Cadete B, 58 puntos; 5. Lugo B, 57 puntos; 6. Viveiro A, 55 puntos...

Categoría infantil
Clasificación final da Liga Galega, Fase polo Titulo: 1. Celta, 42 puntos; 2. Infantil A, 30 puntos; 3. Ourense, 27 puntos...

Categoría alevín
Clasificación do Trofeo Luis Calvo de fútbol once: 1. Alevín A (xa campión), 36 puntos; 2. Lugo A (2 partidos menos), 24 puntos...

12ª xornada, última: ALEVÍN B - CP ESCLAVAS, o sábado 12 de maio ás 11:00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B (xa campión), 27 puntos; 2. Obradoiro (un partido máis), 24 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación final da Segunda Fase da Primeira Comarcal: 1. Benxamín A, 52 puntos; 2. Ural A (un partido menos), 36 puntos...

Torneo do TSV Röthenbach en Wendelstein (Alemaña)
Sábado 12 de maio
Primeira Fase
10:44: BENXAMÍN A - DJK SCHWABACH
11:12: DJK FALKE - BENXAMÍN A
12:22: INTERSTAR SIBIU - BENXAMÍN A
12:50: BENXAMÍN A - SPVGG UNTERHACHING
14:00: FSV FRANKFURT - BENXAMÍN A
14:56: BENXAMÍN A - FLYERALARM ADMIRA

Os dous primeiros de grupo accederán á Fase Final que, desde cuartos de final, xogarase a continuación.

Tolerance Cup 2018, en Wendelstein (Alemaña)
Domingo 13 de maio
Primeira Fase
9:24: BESIKTAS - BENXAMÍN A
9:48: BENXAMÍN A - FSV STADELN
10:12: BENXAMÍN A - FC NÜRNBERG
11:12: SK LAUF - BENXAMÍN A

Todos os equipos pasan á seguinte fase. Os dous primeiros de grupo pelexarán polas posicións do 1 ao 16; o terceiro clasificado polos postos do 17 ao 24; o cuarto polas posicións do 25 ao 32; e o quinto de grupo polos postos 33 ao 40.

27ª xornada: BENXAMÍN B - LUIS CALVO C, o sábado 12 de maio ás 12:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 72 puntos; 2. Calasanz C e Victoria C, 61 puntos...