RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

A goleadora Karla Bermejo reforza a dianteira do Dépor ABANCA B

Karla Bermejo Matos (Barcelona, 7 de agosto de 2005) reforza a dianteira do Dépor ABANCA B no que queda de temporada, cedida polo Racing Power da Primera División de Portugal.

Formada nas categorías inferiores do Son Sardina, debutou co primeiro equipo na temporada con tan só 15 anos.

Na temporada 2020-21, Karla Bermejo foi a máxima goleadora das 3 primeiras ligas nacionais cun total de 31 goles.

É internacional española en categoría sub-16, sub-17 e sub-19.

Este venres, a futbolista barcelonesa adestrarase xa co filial de cara ao encontro deste domingo 1 de febreiro en Zubieta ante a Real Sociedad B.

Karla Bermejo é unha vella coñecida do Dépor ABANCA posto que na temporada 2023-24 un gol seu nas filas do Atlético Baleares apeou a As Nosas na Copa de la Reina.