Hildah Tholakele Magaia (Dennilton, Sudáfrica, 16 de decembro de 1994) convértese en novo reforzo do Deportivo ABANCA para potenciar a súa liña ofensiva.
A dianteira internacional surafricana chega procedente do Club Tijuana, da liga mexicana, e conta cunha ampla traxectoria en competicións de primeiro nivel. Ao longo da súa carreira militou en clubs de Estados Unidos (Kansas City), Corea do Sur (Sportstoto WFC), Suecia (Moron BK), Sudáfrica (University of Pretoria e Tshwane University of Technology) e México (Tijuana e Mazatlán FC).
No seu país natal foi protagonista absoluta durante a temporada 2019-20, na que se proclamou Xogadora do Ano e máxima goleadora da SAFA Women's League.
Habitual nas convocatorias da selección surafricana, Magaia participou no Mundial de 2023, onde disputou catro encontros e asinou dous goles e unha asistencia. Ademais, foi unha das grandes figuras da Women's Africa Cup of Nations 2022, torneo no que terminou como máxima goleadora e marcou os dous tantos que outorgaron o título ao seu país na final, logrando tamén a Bota de Oro da competición.
O seu palmarés internacional complétase co recoñecemento como mellor xogadora do COSAFA Women's Championship 2020.
A futbolista incorporarase á disciplina do Deportivo ABANCA nos próximos días, unha vez concluídos os trámites administrativos.
