RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Fabril rabuña un punto en Lezama ante o Athletic Club B nun partido de alternativas

DÉPOR FABRIL · 20 SETEMBRO 2026

O FABRIL RABUÑA UN PUNTO EN LEZAMA ANTE O ATHLETIC CLUB B NUN PARTIDO DE ALTERNATIVAS

O Fabril empatou (2-2) con outro filial, o Athletic Club B, este domingo 20 de setembro en Lezama, nun partido correspondente á 4ª xornada de Primera Federación.Con este resultado, o filial deportivista suma 5 puntos e sitúase na 11ª praza.Manuel Pablo non puido contar cos lesionados Manu Serrano, Damián Canedo, Manu Ferreiro, Noé, Dipanda e Jairo.O encontro comezou costa arriba.Aos 11 minutos, Vizcay recolle un balón no bordo da área, atopa un oco entre a defensa fabrilista e fusila a Marqués.Ao Fabril custoulle entrar no partido e Álex Marqués tivo que intervir de novo con acerto ante un remate de cabeza en prancha de Vizcay.Case á media hora, Korkut non chega por pouco, diante do porteiro fabrilista, a un balón centrado desde a banda dereita por Oyono.O Athletic Club B dominaba o encontro, aínda que o Fabril comezou pouco a pouco a ter o balón.Na súa primeira chegada con perigo, na recta final da primeira metade, Íker Vidal centra un balón á área, Martín Ochoa controla e, á media volta, consegue o empate.A última ocasión da primeira parte foi un potente disparo de Belategi ao que respondeu con acerto Marqués, xogador destacado en Lezama.Co 1-1 chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios, case no primeiro minuto de xogo, Vizcay rouba un balón e encara a Marqués, que consegue arrebatarlle a pelota.Tras o rexeitamento da defensa fabrilista, o balón cáelle a Oyono, cuxo disparo raso e potente se lle escapa a Marqués e convértese no segundo tanto branquivermello.O Fabril repúxose ben.Kevin mete un centro raso desde a banda esquerda, o balón pasea pola área do Athletic Club B sen que ninguén o despexe e Guerrero aproveita para bater a Simón García. Corría o minuto 60 e o partido volvía de novo ao punto de partida.O conxunto vasco solicitou a revisión dun posible derrubamento de Ferrán a Conde na área. O colexiado do encontro, Pol Gódia, non apreciou falta ningunha.O partido abriuse. O Fabril ameazou a área de Simón García, mentres que Lete disparou á base do pau esquerdo da portería de Marqués.Malia as ocasións, o encontro rematou con empate (2-2) e repartición de puntos.O vindeiro sábado 26 de setembro, o Fabril recibe en ABANCA-RIAZOR ás 16:30 (Fan Play TV) o Real Unión de Irún.Athletic Club B: Simón García, Belategi, Larrea, Monreal, Sarasketa (Ilyas, min. 9), Sola, Selton (A. Pérez, min. 60), Oyono (Conde, min. 71), Korkut (Huestamendia, min. 60), Imga (Lete, min. 60) e VizcayFabril: Marqués, Mardones, Ferrán, Quique Teijo, Íker Vidal, Yayo (Mauro Valeiro, min. 63), Rubén López, Koke (Domínguez, min. 78), Guerrero (Justino, min. 85), Kevin (Íker Gil, min. 78) e Martín Ochoa (Álvaro Fraga, min. 63)Árbitro: Pol Gódia Solé, do comité catalán. Amoestou a Selton (min. 15), Yayo (min. 55) e Rubén López (min. 90)Goles: 1-0 Vizcay (min. 11); 1-1 Martín Ochoa (min. 42); 2-1 Oyono (min. 46); 2-2 Guerrero (min. 60)Incidencias: partido disputado en Lezama nunha mañá solleira e calorosa

Real Club Deportivo de La Coruña