
DÉPOR ABANCA · 20 SETEMBRO 2026
PRIMEIRA E CONTUNDENTE VITORIA EN LIGA DUN DÉPOR ABANCA QUE ENTROU «MOI BEN NO PARTIDO» EN GRANADA
O Dépor ABANCA venceu o Granada CF este domingo 20 de setembro (0-3) na Ciudad Deportiva del Granada CF, nun encontro correspondente á 4ª xornada da Liga F.Deste xeito, As Nosas suman a súa primeira vitoria e sitúanse, con 4 puntos, na 11ª posición da táboa.«Criamos que estabamos facendo ben as cousas e fomos axustando algunhas situacións de partido nestas 3 primeiras xornadas que nos causaban problemas», apuntou en rolda de prensa Alberto Rodríguez.Foron baixa para o encontro as lesionadas Andrea Tarazona e Eva Alonso, ademais de Marisa e Ainoa Gómez, concentradas coa selección española sub-20 no Mundial da categoría.Comezou moi forte o Dépor ABANCA, que aos poucos minutos xa estrelará un balón no pau esquerdo da portería granadina, obra de Millene.Pouco despois, nun erro na saída de balón do Granada CF, Espe Pizarro obrigou a Laura a realizar unha gran parada nun disparo colocado desde fóra da área.Vega probou sorte desde moi lonxe. De novo Laura evitou o gol nunha saída en tromba do Dépor ABANCA.Víase vir o primeiro gol deportivista, que chegou aos 9 minutos. Nun saque de esquina, Millene, malia estar agarrada por Jujuba, rematou de maneira espectacular á rede.O técnico deportivista admitiu que «entramos moi ben no partido e conseguir un gol tan cedo dálle confianza ao equipo para seguir insistindo».O Dépor ABANCA seguiu acumulando ocasións, sen dúbida nos seus mellores minutos no que vai de liga.Lucía Pardo recibiu ás costas da defensa, pero no seu disparo atopouse co corpo de Laura, a mellor do partido.Aos 26 minutos volveron golpear As Nosas. Lucía Rivas meteu un balón raso ao corazón da área e Millene, chegando desde atrás, non perdoou coa defensa e Laura descolocadas.Co 0-2 e o dominio absoluto do Dépor ABANCA chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios, o primeiro remate foi granadino, nunha vaselina desde moi lonxe de Bárbara, que aproveitou a posición adiantada de Inês Pereira, pero marchou fóra por pouco.As andaluzas saíron dispostas a recortar diferenzas. Paula, tamén desde fóra da área, obrigou a porteira deportivista a enviar a saque de esquina un balón raso.Respondeu Lucía Rivas cun centro a Lucía Pardo, soa na boca de gol, que interceptou Laura in extremis.Paula Hernández, que substituíra a Millene, cabeceou un saque de esquina e só outra gran parada de Laura evitou o terceiro.Xa no tempo de desconto, e co partido sentenciado, Michi Apóstol meteu un balón para Sofía Domínguez. A blanquiazul regateou a Laura e marcou o terceiro a pracer.«Estou moi feliz polas xogadoras, porque esa calma que conseguimos manter levando só un punto forma parte do éxito de hoxe», concluíu Alberto Rodríguez.Granada CF: Laura S., Teresa (Raquel Gil, min. 46), Jenni López (Gabriela, min. 85), Miñambres, Guridi, Bárbara (Ainhoa Perojil, m. 81), Vera (Miku, min. 46), Sanmartín, Jujuba, Paula P.R. (Mireya Zafra, min. 66) e LelesDeportivo ABANCA: Inês Pereira, Caracas (Paula Novo, min. 88), Ranera, Elena, Vega, Redru, Olaya (Paula Monteagudo, min. 88), Lucía Rivas (Sofía Domínguez, min. 77), Lucía Pardo (Michi Apóstol, min. 77), Espe Pizarro e Millene (Paula Hernández, min. 70)Árbitra: Elizabeth Calvo, do comité madrileño. Amoestou a Miñambres (min. 45), Jujuba (min. 59), Naiara (min. 63), Paula Hernández (min. 72) e Paula P.R. (min. 89)Goles: 0-1 Millene (min. 9); 0-2 Millene (min. 26); 0-3 Sofía Domínguez (min. 93)Incidencias: partido disputado na ciudad deportiva do Granada CF

As Nosas regresaron esta noite á Coruña e adestran este luns ...

Os Nosos volven ao traballo este luns 21 de setembro ás 10:30...

O Dépor rescata un punto ante o Real Betis despois dun "esfor...

Resultados desta fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo...

Resultados deste sábado 19 en ANOSACANTEIRA e calendario dest...

O Dépor ABANCA B, moi superior ao Real Racing Club